Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 1 Abril 2026.

12 meses de sensibilización en prol da igualdade nos coidados desde a corresponsabilidade: mes de marzo

    Terceira entrega da campaña de sensibilización do Gabinete de Igualdade de CCOO de Galicia

    26/03/2026.
    Permisos.

    Permisos.

    A desigualdade perpetúase, principalmente, por falta de corresponsabilidade nos coidados e tarefas domésticas. Por esa razón, as primeiras entregas da campaña centraranse nos principais dereitos vixentes no Estatuto das Persoas Traballadoras (en adiante, ET) en materia de conciliación, facendo fincapé na súa natureza «individual e intransferible».

    Estes dereitos, cuxa finalidade é promover a conciliación real da vida familiar e laboral mediante o compromiso dos homes e da sociedade (empresas) coa corresponsabilidade familiar, nacen das últimas modificacións do ET, desenvolvidas en varias regulacións sucesivas (o Real decreto lei 5/2023 e o Real decreto lei 2/2024).

    Ambos os decretos traspoñen en España a Directiva 2019/1158 do Parlamento Europeo e do Consello, de 20 de xuño de 2019, relativa á conciliación da vida familiar e a vida profesional de proxenitores e persoas coidadoras.

    Así, tras a modificación referida polo RD 5/2023, no ET recóllense varios artigos que abordan os dereitos de conciliación desde unha perspectiva corresponsable.

    Reproducimos a seguir algúns deses artigos:

    Estatuto das Persoas Traballadoras

    Artigo 37: Descanso semanal, festas e permisos

    (NOVO) Aptdo. 9:

    9. A persoa traballadora terá dereito a ausentarse do traballo por causa de forza maior cando sexa necesario por motivos familiares urxentes relacionados con familiares ou persoas conviventes, en caso de enfermidade ou accidente que fagan indispensable a súa presenza inmediata.

    As persoas traballadoras terán dereito a que lles sexan retribuídas as horas de ausencia polas causas previstas no presente apartado, equivalentes a catro días ao ano, conforme o establecido en convenio colectivo ou, de non o haber, en acordo entre a empresa e a representación legal das persoas traballadoras, achegando as persoas traballadoras, se é o caso, acreditación do motivo de ausencia.

    Artigo 45: Causas e efectos da suspensión

    1. O contrato de traballo poderá suspenderse polas seguintes causas:

    [...]

    o) Permiso parental (deriva ao artigo 48bis do ET).

    Artigo 48: Suspensión con reserva de posto de traballo

    1. As persoas traballadoras terán dereito a un permiso parental, para o coidado de fillo, filla ou menor acollido por tempo superior a un ano, ata o momento en que o menor cumpra oito anos.

    Este permiso, que terá unha duración non superior a oito semanas, continuas ou descontinuas, poderá gozarse a tempo completo ou en réxime de xornada a tempo parcial, conforme o establecido regulamentariamente.

    2. Este permiso constitúe un dereito individual das persoas traballadoras, homes ou mulleres, sen que poida transferirse o seu exercicio.

    Corresponderalle á persoa traballadora especificar a data de inicio e fin do gozo ou, se for o caso, dos períodos de gozo, debendo comunicalo á empresa cunha antelación de dez días ou a concretada polos convenios colectivos, salvo forza maior, tendo en conta a situación daquela e as necesidades organizativas da empresa.

    Novas relacionadas

    2025: 12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de xaneiro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de febreiro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de marzo

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de abril

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de maio

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de xuño

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de xullo

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de setembro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de agosto

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de outubro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de novembro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade no eido laboral. Definicións do mes de decembro

    Volven os «12 meses de sensibilización en prol da igualdade», desta vez centrados na igualdade nos coidados desde a corresponsabilidade

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade nos coidados desde a corresponsabilidade: mes de xaneiro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade nos coidados desde a corresponsabilidade: mes de febreiro

    12 meses de sensibilización en prol da igualdade nos coidados desde a corresponsabilidade: mes de marzo

    Documentación asociada